venres, 14 de febreiro de 2020

GAÑADORES DO CONCURSO " ESCOLLER UN NOME É LOGO PARA A NOSA RADIO" NO CPI A CAÑIZA


Para poder comezar coa nosa radio, fixemos un concurso 
donde participaron  os rapaces  de  Infantil e Primaria
para poñerlle o nome a radio é o logo que a identifique.
Foron moitos nenos/as os que participaron e foi moi díficil,
escoller entre tantas ideas.
Moitas grazas a tódolos/as participantes.

E agora sí , A NOSA NORABOA PARA:

SABELA RODRÍGUEZ ESPADAS
de 3º de Primaria que diseñou o Logo.

Sabela recibiu o seu agasallo, con moita emoción.

SARA DOMÍNGUEZ ROSA,
 EIRE GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ 
E LOLA RIVEIRO RODRÍGUEZ
de 6º de Primaria, que lle puxeron nome a nosa radio:
"Los 40 Colegialesª



As gañadoras recibiron un agasallo, con moito agarimo.

xoves, 13 de febreiro de 2020

Día Mundial da Radio (A Diversidade no CPI da Cañiza)

Hoxe, 13 de febreiro, é o Día Mundial da Radio.

Dende Ponte nas Ondas propuxéronnos unha actividade para realizar dende a radio do cole que consistía en falar sobre a diversidade. Que mellor maneira de facelo que contar coa opinión de Pili, a mestra de Pedagoxía Terapéutica da Aula Específica do centro, así como coas voces dos e das protagonistas desta aula, os alumnos e alumnas que a forman.

Escoitamos a Nerea, Uxía, Martín e Adrián.

Presentación da radio do CPI da Cañiza

Estamos no aire! Neste primeiro programa presentamos a radio do noso colexio e damos a coñecer as gañadoras do concurso que lle puxeron nome e imaxe. Noraboa ás premiadas e ao resto de participantes polas vosas ideas.