venres, 25 de novembro de 2022

25-N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.


As alumnas de 6º de Primaria, colaboradoras da Biblioteca do cole, cóntannos neste breve programa de Los 40 Colegiales as historias que leron para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres este 25 de Novembro. 


 

mércores, 16 de novembro de 2022

Historias de Samaín 22/23.

Estreamos o blogue do curso 2022/2023 da radio de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza coas historias gañadoras do concurso de relatos de Samaín. Coma en cursos anteriores, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega promoveu este concurso para celebrar o Samaín no colexio. As historias gañadoras foron as de Martina Estévez (6ºB) e Daniela Lopes (5ºB). Parabén as premiadas e esperamos que vos gusten os seus relatos terroríficos!