As alumnas de 6º de Primaria, colaboradoras da Biblioteca do cole, cóntannos neste breve programa de Los 40 Colegiales as historias que leron para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres este 25 de Novembro.
Radio de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza
As alumnas de 6º de Primaria, colaboradoras da Biblioteca do cole, cóntannos neste breve programa de Los 40 Colegiales as historias que leron para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres este 25 de Novembro.
Para celebrar o Día da Paz 2022, o alumnado de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza gravou este breve poema para todos e todas vós. Esperamos que vos guste!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxo en marcha un concurso de relatos de terror para celebrar o Samaín 2021 no CPI da Cañiza. Neste concurso participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria.
As gañadoras foron as historias de Lois Domínguez (6ºB) e Alexia Miguélez (5ºA).
Queredes escoitar estes relatos tan terroríficos? Pois aquí volos deixamos!
Con motivo do Día das Letras Galegas 2021, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convocou o III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio, nesta ocasión relacionados coa figura homenaxeada este 17 de Maio: Xela Arias.
Para escoitar os programas, premede nas imaxes.
O primeiro podcast é de todo o alumnado de 6° de Educación Infantil que nos relatan o Festival Das Letras Galegas e ata fixeron un rap e todo!