Hoxe celebramos o Día do Libro cun programa moi especial, o primeiro en directo, coa escritora galega María Canosa. O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizoulle unha pequena entrevista para coñecer un pouco máis a súa obra, vida e futuros plans. Ata nos adiantou unha sorpresiña que ten preparada! Moitas grazas a María polo seu tempo e por ser tan amable cos alumnos e alumnas. Moito gusto de terte connosco neste día!
Ningún comentario:
Publicar un comentario