xoves, 18 de marzo de 2021

8 de Marzo na clase de Valores

O alumnado de 4º e 5º de Primaria, e a profe Ana, fálannos das mulleres máis importantes da Historia para coñecelas un pouquiño máis na celebración do 8 de Marzo, o Día da Muller. Esperamos que vos guste este novo programa de "Los 40 colegiales".

martes, 16 de marzo de 2021

O Día da Muller no CPI da Cañiza

O pasado 8 de Marzo celebramos o Día Da Muller cunha pequena gravación do alumnado de 3ºB de Primaria. Pois seguimos con elas! Para rematar esta conmemoración tan especial, tivemos aos dous seguintes grupos que nos contaron quen son as mulleres máis importantes nas súas vidas, e ás que máis admiran. Esperamos que vos guste!

luns, 8 de marzo de 2021

8 de Marzo, Día da Muller.

Hoxe, Luns 8 de Marzo, celebramos o Día Da Muller na radio de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza. O alumnado de 3ºB de Primaria, e a súa mestra Cristina, contáronnos un pouco a historia deste día, por que se celebra e algunhas ideas que coñecen sobre o mesmo. Tamén poderemos coñecer cómo están a conmemorar esta data tan especial na súa clase. Deixámosvos con Cristina, Joana, Daniela, Alba, Yoli e Eric. Esperamos que vos guste!