luns, 22 de maio de 2023

Día das Letras Galegas 2023

O alumnado de 3ºB de Primaria preséntanos brevemente a Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023.
 

martes, 7 de marzo de 2023

Entrevistas musicais para celebrar o Día da Muller

 Neste 8 de Marzo, Día da Muller, a profe Lorena púxonos en contacto con grandes estrelas do panorama musical galego para facerlle unhas preguntas e coñecer un pouco máis a súa vida e obra. Esperemos que vos gusten! Iremos subindo as diferentes entrevistas co paso dos días. Estade atentas e non volas perdades!




venres, 25 de novembro de 2022

25-N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.


As alumnas de 6º de Primaria, colaboradoras da Biblioteca do cole, cóntannos neste breve programa de Los 40 Colegiales as historias que leron para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres este 25 de Novembro. 


 

mércores, 16 de novembro de 2022

Historias de Samaín 22/23.

Estreamos o blogue do curso 2022/2023 da radio de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza coas historias gañadoras do concurso de relatos de Samaín. Coma en cursos anteriores, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega promoveu este concurso para celebrar o Samaín no colexio. As historias gañadoras foron as de Martina Estévez (6ºB) e Daniela Lopes (5ºB). Parabén as premiadas e esperamos que vos gusten os seus relatos terroríficos!

 

venres, 6 de maio de 2022

2 de Maio, Día contra o Acoso Escolar.

O pasado luns, día 2 de Maio, celebrouse o Día contra o Acoso Escolar. Dende a clase de 4ºB de Primaria, o grupo de Educación en Valores xunto coa súa mestra, Cristina, quixo contarnos unhas historias sobre este tema. Deixámosvolas para que poidades escoitalas.

mércores, 23 de febreiro de 2022

23 de Febreiro, Día de Rosalía.

O 23 de Febreiro celébrase o nacemento de Rosalía de Castro. Para este día tan especial, o alumnado de 3º e 4º de Primaria gravou o poema "Adiós ríos, adiós fontes" xunto coas mestras de 4º. Aquí vos deixamos a gravación. Esperamos que vos guste moito!


 

domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

 Para celebrar o Día da Paz 2022, o alumnado de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza gravou este breve poema para todos e todas vós. Esperamos que vos guste!

venres, 12 de novembro de 2021

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN 2021

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxo en marcha un concurso de relatos de terror para celebrar o Samaín 2021 no CPI da Cañiza. Neste concurso participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. 

As gañadoras foron as historias de Lois Domínguez (6ºB) e Alexia Miguélez (5ºA).

Queredes escoitar estes relatos tan terroríficos? Pois aquí volos deixamos!



xoves, 13 de maio de 2021

III CONCURSO DE PODCASTS - RADIO NA BIBLIO

 Con motivo do Día das Letras Galegas 2021, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convocou o III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio, nesta ocasión relacionados coa figura homenaxeada este 17 de Maio: Xela Arias.

Dende o CPI da Cañiza quixemos sumarnos a este concurso e aportar uns audios gravados na radio de Infantil e Primaria. Aínda que non houbo sorte e non gañamos ningún dos premios, pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre Xela Arias!


 Para escoitar os programas, premede nas imaxes.


O primeiro podcast é de todo o alumnado de 6° de Educación Infantil que nos relatan o Festival Das Letras Galegas e ata fixeron un rap e todo! 



O seguinte traballo é do alumnado de 3º de Primaria. Dende o Departamento de Orientación chega un poema de Xela Arias para todos e todas vós.





O alumnado de 6º de Primaria A tamén se quixo sumar a este concurso e xuntos gravaron unha entrevista a Xela Arias!




E, por último, un traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega coas alumnas de 6º de Primaria para coñecer a vida e a obra de Xela Arias.





Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación e participación neste proxecto. E, aos oíntes de Los 40 Colegiales, esperamos que vos guste! Vémonos no vindeiro programa!

venres, 23 de abril de 2021

ENTREVISTA A MARÍA CANOSA (DÍA DO LIBRO 2021)

Hoxe celebramos o Día do Libro cun programa moi especial, o primeiro en directo, coa escritora galega María Canosa. O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizoulle unha pequena entrevista para coñecer un pouco máis a súa obra, vida e futuros plans. Ata nos adiantou unha sorpresiña que ten preparada! Moitas grazas a María polo seu tempo e por ser tan amable cos alumnos e alumnas. Moito gusto de terte connosco neste día!



 

xoves, 18 de marzo de 2021

8 de Marzo na clase de Valores

O alumnado de 4º e 5º de Primaria, e a profe Ana, fálannos das mulleres máis importantes da Historia para coñecelas un pouquiño máis na celebración do 8 de Marzo, o Día da Muller. Esperamos que vos guste este novo programa de "Los 40 colegiales".

martes, 16 de marzo de 2021

O Día da Muller no CPI da Cañiza

O pasado 8 de Marzo celebramos o Día Da Muller cunha pequena gravación do alumnado de 3ºB de Primaria. Pois seguimos con elas! Para rematar esta conmemoración tan especial, tivemos aos dous seguintes grupos que nos contaron quen son as mulleres máis importantes nas súas vidas, e ás que máis admiran. Esperamos que vos guste!

luns, 8 de marzo de 2021

8 de Marzo, Día da Muller.

Hoxe, Luns 8 de Marzo, celebramos o Día Da Muller na radio de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza. O alumnado de 3ºB de Primaria, e a súa mestra Cristina, contáronnos un pouco a historia deste día, por que se celebra e algunhas ideas que coñecen sobre o mesmo. Tamén poderemos coñecer cómo están a conmemorar esta data tan especial na súa clase. Deixámosvos con Cristina, Joana, Daniela, Alba, Yoli e Eric. Esperamos que vos guste!